Publicador de contidos
Publicador de contidos

En directo, As Palmas 0-1 Celta

En directo, As Palmas 0-1 Celta

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 05/10/2024 17:18

Minuto a minuto

Á procura da primeira vitoria como visitante vai este Celta de Giráldez no Estadio de Gran Canaria. O seu rival chega coa auga ao pescozo despois de non sumar ningunha vitoria nas oito primeiras xornadas. Carrión xógase o posto. Promete que vai ser un encontro espectacular entre dous equipos que non especulan. 

Equipo do Celta. Volven ao equipo titular Manquillo, Starfelt, Hugo Álvarez, Beltrán, Aspas e Williot. 

Liña continuísta no equipo do As Palmas cun Carrión que se xoga o posto. Só dous trocos (Viti e Javi Muñoz) con respecto ao equipo que perdeu no Madrigal

1'

Comezou o partido en Gran Canaria. As Palmas 0-0 Celta

2'

Primeira aproximación do Celta por parte de Hugo Álvarez e Ilaix, que acaba nun córner sen consecuencias

6'

Boa ocasión das Palmas. Internada de Essugo, e o seu remate sácao Guaita a córner

7'

Man a man de Fabio Silva, e Guaita volve enviar a córner

17'

Gol anulado do Celta. Xogada de Mingueza, remata Borja Iglesias ao pau, e colle o rexeitamento Swedberg para marcar. Pero o tanto é anulado por fóra de xogo do Panda

27'

GOOOOOOOOOOL do Celta. Agora si. Centra Mingueza desde a dereita, e remata Borja Iglesias ao fondo da rede. As Palmas 0-1 Celta

42'

Centro perigoso desde a dereita de Januzaj, e para Guaita abaixo con seguridade

43'

Borja Iglesias recupera recolle un balón a 40 metros, e proba fortuna. O balón marcha preto do pau

45+4'

Descanso en Gran Canaria. As Palmas 0-1 Celta

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade