Cargando resultados...
Portugal elimina as peaxes nas autovías a partir deste mércores
Portugal elimina as peaxes nas autovías a partir deste mércores
A medida beneficia moitos galegos que cruzan a fronteira regularmente
G24.gal
30/12/2024 15:55
Última actualización 30/12/2024 20:49
Tras 14 anos dun sistema de cobro automático e sen cabinas, Portugal elimina este mércores 1 de xaneiro as peaxes da metade das autovías sometidas a pago.
Serán gratis as autovías que non conten cunha alternativa próxima, segura e de calidade. É o caso da A-24 que parte das inmediacións da fronteira de Verín con Chaves e remata en Viseu. Tamén a A-4 que conecta O Porto e Tras-os-Montes. E as peaxes da A-22 que cruza o Algarve, as da A-13 entre Coímbra e Marateca e a radial desa cidade, na A-23 e na A-25 que parte de Aveiro.
Baixa á metade a conexión Viana-O Porto, pero mantense o cobro entre Tui e O Porto.