Guaita tapa as carencias do Celta no Metropolitano pero non evita a derrota
O meta celeste sostén a un Celta condenado por un gran golpeo de De Paul(1-0)
Minuto a minuto
A saída máis complicada que lle queda ao Celta chega no momento máis doce da temporada. Co equipo con 8 puntos de marxe sobre o descenso (quedan 12 por xogar). A permanencia mesmo podería ser matemática cunha boa combinación de resultados co Cádiz.
Xa temos o equipo do Atlético de Madrid. Griezmann e Correa como dianteiros
👥 ¡Son ellos, son los elegidos! pic.twitter.com/1I73abMUzI
— Atlético de Madrid (@Atleti) May 12, 2024
Equipo do Celta!!!! Unai entra por Manquillo e Bamba no lugar de Swedberg. Os outros nove repiten da vitoria diante do Vilarreal
📋✅ O noso 𝗫𝗜 🆚 @Atleti!#AtletiCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/UeI2RvuGuF
— RC Celta (@RCCelta) May 12, 2024
ARRANCA O PARTIDO!! Xa están os xogadores sobre o verde, veremos que nos depara este encontro!
Primeiro achegamento do Atlético! Despiste de Starfelt e balón filtrado que remata atrapando Guaita o tiro de Correa.
Toca o balón no seu campo o Atlético. Saíron máis cómodos os de Simeone, que non teñen medo a tela. O Celta, dubidoso atrás, especialmente os centrais.

Ao Celta non lle dura o balón nos pés e cada vez que o Atlético sae gaña terreo con facilidade. Inicio durmido dos de Giráldez que polo de agora só defenden.
Falta de Starfelt sobre Griezman no mediocampo cando trataba de roubar o balón. A Giráldez non lle gusta o que ve, o Atlético moi cómodo polo de agora.
Primeira vez que o Celta supera a presión dos madrileños. Despois dun bo avance perdeu o balón Mingueza e xa tivo que volver repregarse o equipo celeste.
Recuperou o Celta no seu campo. Giráldez enfadábase porque o equipo non se botaba arriba a presionar, pero polo de agora o Atlético tampouco consegueu afondar e crear moito perigo na área celeste.
Uii, Samuel Lino! Golpeo dende a frontal do brasileiro que marcou á dereita do pau de Guaita. Segundo tiro do Atlético que está dominando o esférico nos primeiros minutos.
PARADÓN DE GUAITA!! Tívoa Riquelme nun man a man que parou o valenciano e, na seguinte, rematou outra vez Lino e volveu sacar outra para milagreira! Polo de agora a banda de Minguez está a ser unha autoestrada.
Perda agora de Bamba na súa área que non rematou en nada! O Atlético comeza a pinchar un pouco ao Celta e este sangra por ese costado dereito. Ten que vir a campo propio Aspas para axudar en defensa.
Falta na frontal de Griezman que marcha despexada pola defensa. Púxoa o francés despois de que o colexiado asubiara falta de Aspas cando ía tirar a portería Hermoso. Cada vez un pouco máis atrás o Celta.
Primeira que ten o Celta, primeira de Larsen! Púxolla Bamba ao noruegués que chegaba en carreira e mandou o balón demasiado alto. Primeira saída que consegue finalizar o equipo celtiña.

O tiro de Riquelme vaise alto! Cando o canteirán atlético se move polo centro do campo está sendo indetectable. Agora atopou o oco e disparou, mais o tiro non xerou perigo ningún.
Outra do Atlético que non atopa porta! Pegáralle Koke dende a frontal, pero bateu en Griezmann, que a mandou a saque de portería.
Córner para o Celta! Meteuse Beltrán en área rival e taponouno Witsel enviándoa a córner. Vaina poñer Damián.
Saíu despexado o córner! A xogada do Celta non foi perigosa e despois de reeorganizarse puxo Mingueza un centro lateral que atrapou Oblak en dous tempos.
Segundo córner para os indios que despexa o Celta. Na segunda xogada púxoa Griezman pero sacouna Larsen sen opción de contraataque por un mal envío de Bamba.
Atrapou Guaita o pase que ía para Correa con moito veleno! Antes tivo unha Lino despois dun pase longo, pero controlouna mal o carioca.
Pisa área o Celta! Dúas seguidas para os celestes que non conseguiron atopar ese último pase para poder definir.
Non lle chegou o balón a Bamba! Contraataque levado entre Larsen e Aspas, que non conseguiron meter para o costamarfileño. Córner agora para o Celta por outra transición veloz que cortou Witsel.
Sacouna o Atlético que volve recuperar o balón. Parece que o Celta consegue algo de aire nestas dúas nas que saíu correndo ao contraataque. Os madrileños, aínda así, seguen a dominar a posesión do balón.

Tapou o centro de Riquelme Starfelt! Cambiouse de lado Roro e segue a facer dano á defensa do Celta. O córner posterior sacouno Unai a banda.
Incorporouse ao ataque Jaílson e case saca algo. Na seguinte acción caeu Correa e provocou un cartón amarelo para Starfelt que o agarraba cando quería caer ao espazo.
Mantén a posesión agora o Celta buscando os ocos na defensa atlética. Xogan con paciencia os celtiñas que agora forzaron un saque de banda en tres cuartos de campo rival.
Intentaba saír o Atlético, pero volveu recuperar o Celta en campo contrario. As cousas igualáronse nestes últimos minutos menos cando lle chega o balón a Riquelme que é o que máis perigo leva.
UIIIII LLORENTE! Entraba só o madrileño completamente só e definiu ás mans de Guaita nunha ocasión clarísima.

Saíu o Celta agora cunha gran arrancada de Bamba que rematou nunha boa xogada polo lado contrario. Moi imprecisos os celestes co balón como para finalizar tocando. Agora mesmo xogo parado por un balonazo na faciana de Mingueza.
Domina agora o Atlético os últimos minutos deste tempo. Centrou raso Hermoso pero agasalloulle co balón a Guaita.
1 minuto de engadido! Centro de Bamba que ía para Larsen o cal non consegue rematar. Sacouna Witsel e mandou a córner.
DESCANSO NO METROPOLITANO!! Gafas ao descanso para un Celta que comezou moi mal e logo foi defendéndose mellor. A mellor para os de Giráldez chegou agora contra o final da primeira metade, mais Larsen non conseguiu tocar o balón. Veremos os axustes que fai o técnico do Celta no descanso. En nada a segunda parte.

COMEZA A SEGUNDA METADE NO METROPOLITANO!! O único cambio foi Morata, que entrou por Samuel Lino.
Corría agora Larsen polo balón en longo e tapou ben a defensa. Parece que sae algo máis solto nesta metade o Celta.
Termando do balón o Celta con calma e buscando os espazos. É o Atlético agora quen agarda atrás. Pereuna Aspas e intentou saír o Atlético por mediación de Riquelme, pero non xerou perigo.
Chegada do Atlético agora a área celtista que non finaliza. Cau Bamba despois dun agarrón semellante ao que significou antes cartón para Starfelt, mais desta vez Hermoso non foi amoestado.
O balón vai de lado a lado con diferenza á primeira metade. O Celta está mellor co balón, mais atrás non consegue pecharse o que lle gustaría a Giráldez. Moi ben Guaita agora sáindo polo balón. ante a chegada de Griezman.
Cambio no Atlético, sae Savic e entra o arxentino De Paul. É Llorente quen se coloca agora no carril e Azpilicueta na zaga.
PAROU OBLAK O TIRO DE ASPAS!!! Rematou Aspas só na área do Atlético, pero foi ás mans do gardameta esloveno. A máis clara do Celta con moita diferenza.
Marcha Correa e entra Barrios no Atlético. Máis cambios que fai Simeone mentres Claudio polo de agora resístese.
Perda de Unai no seu campo que sacou el mesmo! Perdéraa conducindo e logo recuperou para botala fóra da área celeste. Tivo outra seguida Riquelme mais asubiou fóra de xogo o colexiado. Fixéronlle ben os cambios ao Atlético.
Sacou Witsel o córner a favor do Celta! Na segunda xogada rematou Beltrán e sacou cos puños Oblak! Cortou a contra rival Unai Núñez. No Celta marcha Larsen e entra Allende.
Cálmase un pouco o partido agora mesmo. Segue a intentalo máis o Atlético pero tampouco atopa os ocos. Amarela para Witsel por unha falta sobre Bamba.
Revolveuse Aspas na área rival e centrou mais atallouna sen dificultade Oblak. O partido está aberto para ambos equipos.
Non chega a rematar Morata o centro de Riquelme. Máis cambios no conxunto madrileño. Entran Memphis e Reinildo e saen Riquelme máis Griezmann.
Outro pé milagreiro de Guaita que para o tiro de Memphis!!! Na seguinte volveu a meter a luva o porteiro do Celta e mandala a córner!!
Centro de De Paul que atalla sinxelamente Guaita. Na seguinte trataba de saír velozmente Aspas pero eran el e Allende contra o mundo.
Marchou alto o disparo desesperado de Aspas dende practicamente o córner. O Atlético xunta máis homes no mediocampo e iso fai que estea a controlar o xogo e o Celta só chegue en carreiras individuais.
GOLAZO DE DE PAUL! Despois dunha man incrible de Guaita no córner posterior chegou o balón para o arxentino que a baixou co peito e a puxo onde ningúen chega.
Cambios agora no Celta: Saen Damián, Unai e Bamba e entran De La Torre, Douvikas e Manquillo. Vai buscar o empate o Celta metendo máis dinamita.
Último troco de Giráldez que vai introducir a Miguel Rodríguez á desesperada. Catro de engadido.
Sae Starfelt e entra Miguel para facer o que poida nestes últimos dous minutos. Vai polo partido o Celta, mais non hai moito tempo.
Falta agora de Beltrán cando intentaba saír De Paul. Queda no céspede o arxentino e o partido está a piques de morrer.
FINAAAAAL DO PARTIDO!! Tres puntos que quedan en Madrid grazas a un tremendo remate de De Paul nos últimos dez minutos. Os locais foron superiores e o Celta, aínda que non perdeu a cara en ataque creando unha moi clara para Aspas, foi suxeitado por un Guaita excelso. Coa vitoria do Cádiz os celtiñas manteñen unha vantaxe de 5 puntos. Os locais aseguran practicamente a súa cuarta praza polo que o Athletic de Bilbao visitará Balaídos o mércores con menos opcións de conseguila.