En Ourense hai máis de 20 graos de diferenza entre o día e a noite
En Ourense hai máis de 20 graos de diferenza entre o día e a noite
A volta do bo tempo trae unha oscilación térmica importante sobre todo no interior
Á beira do mar a diferenza de temperaturas non supera os 12 graos
Ourense tivo 30 graos de temperatura máxima e 9 de mínima este sábado. Máis de 20 graos de diferenza que permiten ter días de verán e noites para durmir sen afogo.
Situación parecida en Lugo cidade. Cóntase con que os termómetros cheguen de madrugada aos 8 graos, pero de día estiveron a 25. E en Santiago dos 28 de máxima baixan aos 13 graos. Son días nos que hai que andar con xeito de non arrefriarse porque o descenso de temperatura chegada a tardiña xa é acentuado.
A oscilación térmica a carón do mar foi menor, Vigo tivo xornada de praia con 26 graos e de noite non baixará dos 17. E A Coruña e Ferrol só terán 10 graos de temperatura de diferenza entre o día e a madrugada. Esta situación propia xa da fin do verán seguirase dando nos próximos días.