Cargando resultados...
Entra en vigor a chamada "lei ciclista", que reforza a protección das vítimas
Entra en vigor a chamada "lei ciclista", que reforza a protección das vítimas
A norma vai ser máis dura cos condutores imprudentes e pretende acabar coa impunidade dos infractores ao volante
G24.gal
16/09/2022 08:18
Primeiras horas da entrada en vigor da denominada "lei ciclista". A norma vai ser máis dura cos condutores imprudentes e pretende acabar coa impunidade dos infractores ao volante.
A nova lei ten entre os seus obxectivos evitar o arquivo masivo das causas penais. A partir de agora, todas as imprudencias ao volante que supoñan perda de vidas humanas ou lesións graves serán consideradas delito e, polo tanto, serán tramitadas pola vía penal.