Ester Navarrete, ouro por equipos no Europeo de maratón
A viguesa rematou no sétimo posto nunha proba en que as españolas Ouaddhou e Maayouf ocuparon os dous primeiros postos
A atleta viguesa Ester Navarrete acadou o ouro por equipos nunha gran mañá de domingo para o atletismo español nos europeos de maratón. Navarrete acabou no sétimo posto cun tempo de 2 horas 29 minutos e 39 segundos. A selección feminina amosou un dominio absoluto co primeiro posto de Fátima Ouhaddou que levou o ouro e o segundo posto de Maayouf.
🇪🇸🥇🥈 ¡HISTÓRICO DOBLETE EN EL CAMPEONATO DE EUROPA DE MARATÓN!
— Teledeporte (@teledeporte) April 13, 2025
Ouhaddou y Maayouf logran el oro y la plata en una carrera que se jugaron ambas corredoras en los últimos kilómetros.
¡Enhorabuena @atletismoRFEA! pic.twitter.com/I3suBxkj3U
Fátima Ouhaddou, a terceira mellor marca española de todos os tempos, chegaba co obxectivo de subir ao podio pero superou as previsións cunha carreira sensacional para sufrir unha caída no quilómetro 25. Parou o crono en 2h27:14. Maayouf, a mellor clasificada nos últimos Xogos Olímpicos (17ª) marchou en cabeza toda a carreira ata os últimos metros nos que foi superada pola súa compañeira. Acabou catorce segundos por detrás. O podio completouno a israelí Lonah Chemtai Salpeter.