Feijóo acusa a Sánchez de comprometer a seguridade nacional co pacto migratorio con Cataluña
Junts asegura que o acordo non garante o seu apoio aos presupostos
O acordo de Junts e o PSOE sobre inmigración relaxa a lexislatura, pero non garante os presupostos. Apenas 24 horas despois de anuncialo, os cataláns din que dos orzamentos aínda non se falou porque faltan condicións por cumprir. Falan de investimentos pendentes, a aplicación efectiva da amnistía ou o compromiso lingüístico.
"Fatal culminar a oficialidade do catalán en Europa", di a portavoz de Junts no Congreso, Miriam Nogueras.
Así e todo Junts está satisfeito co que está conseguindo. Confía en que o Congreso referende a cesión das competencias migratorias. De momento, Podemos mantense no non.
"Desde logo non se pode contar cos votos de Podemos para un pacto que o que fai é perpetuar o racismo institucional", confirma Ione Belarra, secretaria xeral de Podemos.
"Quero pensar que a señora Belarra non se porá do lado de Vox para impedir que Cataluña teña máis poder", responde Míriam Nogueras, portavoz de Junts no Congreso.
Desde o Goberno tamén confían en que o acordo se converterá en lei. "É un acordo de delegación de competencias, plenamente constitucional e que serve para avanzar. Eu non lle teño medo á España autonómica", asegura o ministro de Función Pública, Óscar López.
O Partido Popular estuda presentar un recurso de inconstitucionalidade. Alberto Núñez Feijóo, presidente do PP, acusa a Sánchez de xogar con temas moi delicados.
"O que se está comprometendo é a seguridade nacional, e todo para que o presidente do Goberno siga séndoo", asegura Feijóo.
Os populares din que é a cesión máis grave da historia constitucional.