Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Fiscalía Anticorrupción investiga a Vox por presunto financiamento irregular

A Fiscalía Anticorrupción investiga a Vox por presunto financiamento irregular

Faino tras unha denuncia presentada polo PSOE, que acusa o partido de Abascal de captar fondos de maneira opaca e de empregalos ilegalmente

Arquivo / Ricardo Rubio / Europa Press Arquivo / Ricardo Rubio / Europa Press
G24.gal 10/03/2025 08:42

A Fiscalía Anticorrupción iniciou unha investigación contra Vox por presunto financiamento irregular, despois de que o PSOE interpuxese unha denuncia contra a formación de Santiago Abascal o pasado mes de decembro ao considerar que utilizada métodos para captar fondos de maneira opaca, ademais de fondos estranxeiros de modo ilegal.

O fiscal xefe Alejandro Luzón acordou iniciar un procedemento reservado contra Vox esgrimindo que hai base para indagar no suposto financiamento irregular, segundo fontes fiscais.

Unha denuncia do PSOE destapou o ocorrido

O pasado 13 de decembro o PSOE denunciou a Vox ante a Fiscalía Xeral do Estado por presunto financiamento irregular, tras analizar de forma "exhaustiva" o financiamento da formación liderada por Santiago Abascal. No estudo, os socialistas conclúen que Vox podería estar a incorrer nun delito de financiamento ilegal de partidos políticos recollido no artigo 304 bis do Código Penal.

Os socialistas constataron que, polo menos, desde o ano 2020 ata a actualidade, nas mesas informativas que Vox desprega ao longo de todo o territorio español incorporaba unha serie de elementos de captación de ingresos económicos a modo de "huchas" ou "caixas de caudais", xunto cunha serie de elementos de merchandising "co obxectivo de captar fondos en metálico dun modo absolutamente opaco".

Unha práctica absolutamente irregular, a xuízo do PSOE, que permitiría á formación de Abascal recadar 5 millóns de euros, sumados á ausencia dunha contabilidade na que aparezan reflectidas as doazóns anónimas e as vendas promocionais.

Na denuncia tamén inclúen o préstamo de 6 millóns e medio de euros concedido pola entidade MBH Bank Nyrt, un banco húngaro cuxo principal accionista é un fondo estatal húngaro vinculado ao primeiro ministro Viktor Orban. Segundo os socialistas, este préstamo infrinxe a normativa que prohibe aos partidos recibiren financiamento de organismos, entidades ou empresas públicas estranxeiras.

Os de Abascal recoñeceron recibir nove millóns de euros do banco húngaro MBH para financiar campañas electorais das eleccións municipais e xerais de 2023, asegurando que as entidades bancarias españolas se negaran a prestarlles diñeiro porque "non queren financialos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade