Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fer López confésalle á Televisión de Galicia o seu soño: "Xogar en Primeira co Celta"

Fer López confésalle á Televisión de Galicia o seu soño: "Xogar en Primeira co Celta"

O canteirán, que debutou co primeiro equipo en Copa, sabe que a presenza de Claudio Giráldez dálle máis posibilidades de chegar á elite

G24.gal 07/11/2024 20:13

Fer López apostou forte polo Celta. Renovou ata 2028 a pesares de que tiña ofertas doutros equipos importantes. "O meu soño era xogar en Primeira co Celta. Díxenllo a meus pais e a prioridade sempre foi esa", confesou nunha entrevista coa Televisión de Galicia. 

O vigués aprecia o cambio de rumbo desde a chegada de Giráldez, o seu técnico no Fortuna a temporada pasada: "Ver que o club e o adestrador apostan pola canteira faiche abrir os ollos e esixirte máis. Si estás preparado e facendo as cousas ben vaiche chegar a oportunidade", asegurou Fer López. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar