Ferrol volverá gozar do fútbol profesional despois de quince anos
Ferrol volverá gozar do fútbol profesional despois de quince anos
A última temporada en Segunda División foi na 2007-08
Longa travesía con catro anos na Terceira División
O Rácing volve ao fútbol profesional despois de quince anos de ausencia. Alá polo ano 2008 descendía o cadro departamental á Segunda División. Unha longa travesía en que hai que engadir catro temporadas na Terceira División.
No ano 2018-19, coincidindo co centenario do Rácing o equipo estaba en Terceira e a nova propiedade púxollee nas mans de Carlos Mouriz o proxecto para volver á elite do fútbol español. Xa o conseguira no Lugo e volveu a facelo co cadro verde. Ascenso a Segunda B no seu primeiro ano, dous para consolidar o proxecto, o ano pasado a piques estivo de conseguilo na fase de ascenso cando perdeu co Ximnástico de Tarragona e neste 2023 logrou o éxito de ascender de xeito directo, no último partido e no seu campo da Malata.
A comuñón equipo-afección é outra das boas novas deste treito final da temporada. O campo rexistrou varios cheos que agardan, teñan continuidade en Segunda.