Publicador de contidos
Publicador de contidos

Festín goleador do Celta na Lomba (4-0)

Festín goleador do Celta na Lomba (4-0)

Tripleta de Douvikas e golazo de Pablo Durán

G24.gal 20/07/2024 21:56

Regreso do Celta á localidade de Vilagarcia de Arousa, e ao campo da Lomba, onde se enfrontou a un Lille no que estaba o actual xogador do Celta, Bamba. Daquela o Celta gañou 1-0 con gol de Pione Sisto. O rival esta vez era de menor entidade, da segunda portuguesa, o Vizela.

Nos primeiros 45 minutos o Celta non tivo o control do partido, de feito, a posesión foi do equipo portugués, pero o Celta tivo moita máis efectividade, todo nas botas do killer grego Tasos Douvikas. Meteu tres goles de puro dianteiro, un tras un centro lateral de Damián nunha falta, outro aproveitando un erro da defensa e anotando dende o centro do campo e o terceiro nun desmarque ás costas da defensa e gran definición no man a man. O Vizela tivo unha ocasión clarísima nun remate a portería baleira que sacou da liña de gol un xogador do propio Vizela, o ex do Racing de Ferrol Héber Pena.

Segunda metade cun once completamente diferente. César debutaba nesta pretemporada na portería e polos carrís dous xogadores máis incisivos que na primeira metade, Hugo Álvarez e Carles. Arriba, un dos protagonistas desta semana, Pablo Durán, que xunto a Damián, Carlos e Hugo Álvarez foi promocionado ao primeiro equipo. E quixo celebrar esa promoción cunha das cousas que mellor se lle dan, marcar un gol, un golazo pola escuadra cunha gran definición. O Celta tivo máis control que na primeira metade, e aí brillou Swedberg, na que se espera que sexa a súa tempada de consagración.

Once da primeira metade: Marc Vidal; Javi Rueda, Manquillo, Starfelt, Jailson, Carreira; Damián, Mingueza; Aspas, Douvikas, Cervi.
Once da segunda metade: César; Carles, Javi Rodríguez, Unai, Carlos Domínguez, Hugo Álvarez; Miguel Román, Fran; Alfon, Pablo Durán, Swedberg.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos