Francia imponse no marcador cun contundente 3-1 fronte a Polonia
Francia imponse no marcador cun contundente 3-1 fronte a Polonia
Francia golea a Polonia e xa se atopa nos cuartos de final deste Mundial de Qatar
Giroud, Mbappé e Lewandowski foron os encargados de anotar os goles do encontro
A selección francesa impúxose no electrónico cun contundente 3-1 fronte á selección polaca no encontro correspondente ós oitavos de final deste Mundial de Qatar. Sen ser o partido soñado polos franceses, que sufriron máis do habitual, avanzan de ronda e, á espera de coñecer ó seu rival, atópanse xa en cuartos de final.
🤯 La triple ocasión de #POL 🤯#GolMundial pic.twitter.com/yfJOWIy5rK
— Gol Mundial (@Gol) December 4, 2022
Os encargados de anotar os tantos do encontro foron Giroud, Mbappé en dúas ocasións e Lewandowski dende o punto de penalti nos intres finais do partido.
Exhibición de Mbbapé
Kylian Mbappé volveu facer unha demostración da súa calidade e foi peza chave na vitoria, anotando un dobrete e dando unha asistencia. Convértese, deste xeito, no máximo goleador do Mundial con cinco tantos na súa conta particular. Ademais, a estrela francesa suma xa 16 goles nos últimos 14 partidos coa selección.
¡Esas no las perdona @KMbappe! 🔝
— Gol Mundial (@Gol) December 4, 2022
⚽️ Controla, mira, apunta y gol
✈️ Contenido patrocinado por @emirates #FlyBetter#GolMundial pic.twitter.com/H7uVLikCBD
Récord histórico para Giroud
Mbappé non foi o único destacado da noite, xa que Olivier Giroud converteuse no máximo goleador histórico da selección francesa. Con 52 tantos supera a Thierry Henry e fai un oco na historia futbolística do seu país.