"Que miras, bobo?", unha frase con historia en Galicia
"Que miras, bobo?", unha frase con historia en Galicia
Máis de catro centos anos entre a icónica frase que une o astro arxentino cun canteiro lucense con moita retranca
A frase "Que miras, bobo?", pronunciada por Leo Messi, converteuse nunha das máis icónicas do mundial de Qatar.
O que non imaxinaba o xogador arxentino é que, curiosamente, esas mesmas verbas levan gravadas dende hai máis de 400 anos nunha pedra do mosteiro de Samos.
O gravado atribúese a Pedro Rodrigues, canteiro e troll de Monforte de Lemos. Na restauración deste mosteiro, levada a cabo no século XVI, Rodrigues ou algún dos seus canteiros decidiu deixar esa mensaxe: "Que miras, bobo?".
Eles fixérono como xeito de burla para os visitantes e monxes que mirasen para apreciar as nervaduras da fermosa bóveda de crucería do mosteiro de Samos.
Agora, esa mesma frase pronunciada hai uns días por Messi viralízase rapidamente a través das redes sociais.