Publicador de contidos
Publicador de contidos

Núñez Seixas (historiador da USC): "Estamos nunha nova Guerra Fría 2.0"

Núñez Seixas (historiador da USC): "Estamos nunha nova Guerra Fría 2.0"

Tres décadas despois da caída do muro de Berlín, o catedrático cre que a barreira física caeu pero a mental permanece

Xente paseando por un dos treitos onde estaba o muro. REUTERS/Annegret Hilse
G24.gal 09/11/2024 14:57 Última actualización 09/11/2024 17:36

Alemaña celebra hoxe os 35 anos da caída do muro de Berlín, que partiu en dous a cidade durante case tres décadas e simbolizou a división e as tensións da guerra fría.

Tres décadas despois, o catedrático de Historia Contemporánea da USC, Xosé Manuel Núñez Seixas, asegura que avanzamos cara a unha guerra fría 2.0 ciscada de conflitos, cunha Alemaña unificada pero non unida e unha Europa sen identidade.

Construído en 1961, con 155 quilómetros que separaban a zona oriental, baixo control soviético, e a situada no oeste, aliñada coas democracias de Occidente. Estivo en pé 28 anos.

Tal día coma hoxe

O anuncio en televisión dun dirixente do partido comunista no que aseguraba que se podería viaxar de xeito controlado do leste ao oeste provocou unha avalancha humana. A intención era unha apertura progresiva e ordenada pero unha interpretación errónea sacou a multitude á rúa.

"As DINA na historia tamén existen", di o historiador da USC Núñez Seixas.

O 9 de novembro de 1989 miles de persoas treparon sobre o muro. Os habitantes da zona oriental, baixo o réxime comunista, recuperaban a liberdade e podían pasar á Alemaña federal sen perder a vida.

"Foi unha revolución pacífica, unha revolución de sorrisos, cargada de esperanza e tamén de frustración".

Este catedrático de Historia da USC asegura que a reunificación de Alemaña deixou gañadores e perdedores e que o muro mental aínda persiste.

"Co rexurdimento de movementos xenófobos no oeste que acabaron pasando ao leste e actitudes intolerantes cara á inmigración extraeuropea".

"Guerra fría 2.0"

Asegura que hai un rexurdimento de dinámicas de guerra fría como demostra a guerra en Ucraína.

"Avanzamos cara a unha segunda guerra fría, unha guerra fría 2.0 ciscada de enfrontamentos localizados".

Nesta Guerra Fría 2.0 a disxuntiva, di, é entre democracia e autoritarismo democrático.

"Que Elon Musk pida ter influencia na Casa Branca demostra que xa non se trata de influír senón directamente de mandar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade