Cargando resultados...
Francisco Garrigós dá a primeira medalla a España
Medalla de bronce en judo masculino
Laura Martínez quedou ás portas doutro bronce
G24.gal
27/07/2024 18:19
Primeira medalla para España no primeiro día de competición en judo. Francisco Garrigós, campeón do mundo en 2023, logrou a medalla de bronce tras vencer na loita polo terceiro e cuarto posto ao xeorxiano Giorgi Sardalashvili. O combate deicidiuse no Golden Score cunha derruba moi bonito do loitador español.
.jpg)
Pola súa parte, Laura Martínez Abelenda, tamén na disciplina de judo, non puido conseguir metal tras perder contra a francesa Shirine Boukli. Este combate tamén se decidiu no Golden Score, e o desenlace foi un pouco controvertido xa que tivo que entrar o VAR para ditar sentenza. Gran participación dos judocas españois cun terceiro e un quinto posto.