Galicia é a comunidade con maior aumento de compravendas de vivendas en 2024
Na comunidade dispárase a compravenda un 22 %
As 23.642 operacións supoñen a maior cifra desde 2008
O auxe inmobiliario en Galicia é 12 puntos superior á media do incremento do 10 % en España

Galicia rexistrou un total de 23.642 compravendas de vivendas en 2024, un 22,3 % máis en 2023, o que supón o maior incremento de España, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). O auxe inmobiliario en Galicia é 12 puntos superior á media do incremento do 10 % en España, a segunda maior cifra no Estado desde 2007 tras a rexistrada en 2022.
O dato galego trátase do maior desde 2008, ano no que picou o 'boom' da burbulla inmobiliaria, polo que desde entón non se alcanzaron estas cifras. Do total de compravendas, 5.888 correspóndense con vivenda nova e 17.754, con vivenda de segunda man. A gran maioría é vivenda protexida, con 22.965 operacións, e só 677 de protección oficial.
Hai unha alza xeneralizada nas catro provincias, coa Coruña na cabeza das operacións (11.102), seguida de Pontevedra (7.281), Lugo (2.922) e Ourense (2.337).
O global de operacións sobre vivenda na comunidade foi de 44.442 o ano pasado, repartidas entre: as citadas 23.642 compravendas, 11.037 herdanzas, 362 doazóns, 48 permutas e 9.353 no apartado doutro tipo. O pasado ano transmitíronse en Galicia 110.717 leiras, un 10,6 % máis que en 2023. Foron 80.952 urbanas e 29.765 rústicas, segundo estes datos do INE.
A nivel estatal, a compravenda de vivendas rexistrou en 2024 un aumento do 10 % con respecto ao ano anterior, ata un total de 641.919 operacións. A repunta da compravenda de vivendas en 2024 debeuse ao incremento tanto das operacións sobre pisos de segunda man como ao das compravendas de vivendas novas.