Cargando resultados...
O PP rexistra no Senado a nova Lei de Fiscalidade Agraria para o sector primario
Os populares calculan que permitirá aforrar 700 millóns en impostos

G24.gal
21/02/2025 14:29
O Partido Popular rexistra no Senado a nova Lei de Fiscalidade Agraria, coa que queren que os traballadores do sector primario paguen menos impostos. Propoñen rebaixar o IVE do 21 ao 10 por cento na compra de materiais e medios de explotación para a produción agraria. Tamén unha dedución do 25 % por contratar seguros agrarios. Os populares calculan que esta iniciativa suporía un aforro de máis de 700 millóns de euros en impostos.