Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia é a segunda industria de pedra natural de Europa e a sexta a nivel mundial

Galicia é a segunda industria de pedra natural de Europa e a sexta a nivel mundial

Galicia é a segunda industria de pedra natural de Europa e a sexta a nivel mundial. Factura 900 millóns de euros e dá emprego a 10.000 profesionais

O granito e a lousa visten moitos edificios e rúas de todo o mundo

G24.gal 12/12/2024 14:38 Última actualización 12/12/2024 15:03

A pedra natural galega é un material sostible con moitas aplicacións na arquitectura moderna. Destaca, entre outros factores, pola súa durabilidade.

"Trátase dun produto natural que non ten mantemento e ten unha vida útil infinita", explica José Antonio Lemos, xerente de Lemmar Granit.

Tamén leva ao lombo unha longa tradición. Máis de cen anos de historia avalan este sector en Galicia. Segue sendo líder a nivel nacional e internacional, pero o sector cre que non hai que baixar a garda ante a chegada de novos materiais sintéticos ao mercado.

"Un produto que hai anos vendíase só, agora necesita máis promoción e que o cliente coñeza as características do produto", engade José Antonio Lemos.

Expertos analizan hoxe en Vigo, o papel deste recurso na construción, na arte e no deseño, na antesala da feira internacional.

 "A falla granítica que temos aquí de sete quilómetros de ancho non hai en Europa outra igual, pero como estamos acostumados a velo en todos os lados non lle damos o valor que ten", di Alejandro Miras, director da feira Stonegal.

Galicia é a segunda industria de pedra natural de Europa e a sexta a nivel mundial. Factura 900 millóns de euros e dá emprego a 10.000 profesionais. O granito e a lousa visten moitos edificios e rúas de todo o mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade