Garamendi di que a prohibición de despedir é unha modificación encuberta da reforma laboral
Garamendi di que a prohibición de despedir é unha modificación encuberta da reforma laboral
O presidente da CEOE rexeita as medidas do Goberno sobre despedimentos e alugueiros
O presidente da CEOE non comparte a decisión do Goberno de prohibir os despedimentos en empresas que reciban axudas. Antonio Garamendi di que é unha modificación encuberta da reforma laboral. Por isto, reclama que o Ministerio de Traballo que teña en conta a delicada situación que atravesan moitas empresas.
Segundo Garamendi, das medidas adoptadas polo Goberno hai dúas que non se poden aceptar. Unha é a que concirne ao "dereito á propiedade", que é "fundamental e está recollido na Constitución", polo que "alteralo co tema de alugueiros" é unha medida que está fóra do que se pode aceptar.
Doutra banda, defendeu que os empresarios non queren "despedir" e, aínda que o país pasa por un "momento delicado e complicado", rexeitou que non se poida "axustar o persoal" por unha "orde administrativa" e debida á guerra de Ucraína, unha conclusión que ten "pouco sentido e teñen que explicar".
Ademais, lembrou que hoxe entra en vigor a reforma laboral e "non ten sentido que dous días antes salte o Ministerio de Emprego o acordo" respecto aos ERTE e "inventen isto que acaban de inventar", afeou Garamendi.