Garamendi ve preocupante para a economía a caída do investimento estranxeiro en España
Garamendi ve preocupante para a economía a caída do investimento estranxeiro en España
O presidente da CEOE apuntou que outra das preocupacións da patronal é a situación política
O presidente da Confederqación Española de Empresarios cualifica de preocupante a caída do investimento estranxeiro. Antonio Garamendi asistiu á reunión do Consello Asesor da Confederación de Empresarios de Galicia.
Un encontro en que tamén participou a conselleira de Emprego. O presidente da patronal apuntou que outra das preocupacións dos empresarios é a situación política.
"Unha petición de estabilidade política, de erradicar a palabra polarización. A economía é certo que nestes momentos non está mal pero é certo que un dos indicadores importantes como é o do investimento é preocupante porque o investimento estranxeiro caeu en España o ano pasado case un 25 %", afirma Antonio Garamendi, presidente da CEOE.