Publicador de contidos
Publicador de contidos

Giráldez non esconde a ledicia pola incorporación de Borja Iglesias

Giráldez non esconde a ledicia pola incorporación de Borja Iglesias

"É da casa, coñece ben o club e complementa moi ben a parte ofensiva do equipo", dixo o técnico porriñés

G24.gal 21/07/2024 08:57

Borja Iglesias era unha petición de Claudio Giráldez despois da marcha de Strand Larsen e o adestrador do Porriño non escondía a súa alegría pola incorporación: "É da casa, coñece ben o club e complementa a parte ofensiva do equipo", aseguraba o técnico celeste unha vez rematado o partido contra o Vizela.

Douvikas, que loitará con Borja Iglesias por un oco na dianteira, marcou tres goles e apareceu como o referente ofensivo do equipo. "O que quero é que o cadro teña competencia interna e que o nivel do compañeiro faga que mellores o teu", comentou Claudio Giráldez, que tamén eloxiou o traballo de Williot Swedberg: "Deunos esa velocidade e cambio de ritmo que nos axuda moito en situacións de ataque". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos