Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hai sete detidos sospeitosos de corrupción, administración desleal e branqueo de capitais

Hai sete detidos sospeitosos de corrupción, administración desleal e branqueo de capitais

Todos eles formaban parte do núcleo duro de Rubiales na Federación Española de Fútbol

G24.gal 21/03/2024 07:15

O expresidente da Real Federación Española de Fútbol Luis Rubiales será detido cando volva a España no marco da operación que se leva a cabo relacionada cos presuntos contratos irregulares durante a súa xestión nos últimos cinco anos. 

Rubiales era un dos obxectviso desta operación, aínda que o xuíz e os investigadores xa sabían que se atopaba na República Dominicana. Será detido cando regrese a España e, de non volver, arbitraríanse outras medidas. 

Tamén se atopa nese país centroamericano o seu amigo Francisco Javier Martín, coñecido como Nené, un exfutbolista que tamén sería arrestado no momento de regresar a España. A UCO da Garda Civil rexistrou a sede da RFEF á procura de contratos irregulares dos últimos cinco anos, que coinciden coa etapa de Luis Rubiales á fronte da entidade. 

O rexistro sumouse a outros dez, entre eles o da vivenda de Granada de Luis Rubiales ou o estadio de La Cartuja en Sevilla. Cando menos, dous directivos da Federación, os directores de Servizos Xurídicos e de Recursos Humanos Pedro González Segura e José Javier Giménez, foron detidos, como tamén o irmán deste último e mais un home da confianza de Rubiales, o asesor externo da RFEF Tomás González Cueto. 

A investigación sospeita que a RFEF puido cometer corrupción nos negocios, administración desleal e branqueo de capitais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade