Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hamas entrega os últimos reféns cativos en Gaza no sétimo troco da tregua

Hamas entrega os últimos reféns cativos en Gaza no sétimo troco da tregua

Os primeiros en quedar ceibos foron Abera Mengitsu e Hisham al Sayed, liberados en Rafah, no sur da Franxa

O grupo islamita entregou no campo de refuxiados de Nuseirat outros tres mozos capturados o 7 de outubro de 2023

O instituto forense de Tel Aviv confirma que o corpo entregado por Hamas este venres corresponde a Shiri Bibas

directo Os tres liberados en Nuseirat. REUTERS/Ramadan Abed
G24.gal 22/02/2025 08:26 Última actualización 22/02/2025 15:03

O grupo islamita Hamas puxo en marcha a súa maquinaria propagandística a primeira hora para liberar seis reféns israelís en varios puntos da Franxa de Gaza. Foi nunha posta en escena similar ás anteriores, retransmitida en directo pola cadea qatarí al Jazeera.

Eliya Maimon Yitzhak Cohen, Omer Shem Tov, Omer Wenkrat, Tal Shoham, Abera Mengitsu e Hisham al Sayed son os últimos cativos en saír con vida de Gaza, nesta primeira fase da tregua acordada por ambas as dúas partes.

Os primeiros en quedar ceibos foron Abera Mengistu (israelí etíope de 38 anos), que levaba máis dunha década secuestrado, e Tal Shoham (de orixe austríaca e 40 anos), capturado no kibutz Beeri en outubro de 2023.

A liberación foi en Rafah, no sur do país, coa colaboración da Cruz Vermella, encargada de trasladalos a territorio hebreo.

Mengitsu este sábado en Rafah. REUTERS/Hatem Khaled Mengitsu este sábado en Rafah. REUTERS/Hatem Khaled

Liberados en Nuseirat

Pouco despois, no campo de refuxiados de Nuseirat, no centro da Franxa, o grupo islamita entregou outras tres persoas capturadas no festival de música Nova durante o ataque do 7 de outubro de 2023.

Antes de regresar a casa, Omer Shem tov, de 22 anos, Omer Wenkert, de 23, e Eliya Cohen, de 27, tiveron que subir a un escenario, custodiados por decenas de milicianos armados, e saudar nunha cerimonia multitudinaria.

O sexto refén

O sexto refén anunciado, o beduíno árabe israelí Hisham al Sayed, de 37 anos, foi liberado en solitario nun acto privado. O home, que padece esquizofrenia, entrara por propia vontade en Gaza no 2015. 

Neste sétimo intercambio tras o cesamento do fogo, Israel vai liberar a cambio máis de 600 presos palestinos. Desta volta, Hamas tamén entregou os corpos de catro reféns falecidos na Franxa: Shiri Bibas, os seus fillos (Ariel e Kfir) e Oded Lifsthiz.

Os restos de Shiri

A entrega dos corpos a pasada semana xerou un novo escenario de tensión. Nun primeiro momento, o instituto forense de Tel Aviv certificou a identidade de todos os cadáveres menos o de Shiri.

Hamas alegou que houbera unha confusión porque os restos se mesturaran cos doutra vítima do ataque aéreo israelí en Gaza no que asegura falecera a muller e os seus fillos.

O grupo islamita entregou este venres outro corpo que, segundo confirmou o instituto forense hebreo, si se corresponde coa refén de ascendencia arxentina e peruana.

Milicianos armados en Rafah este sábado. REUTERS/Hatem Khaled Milicianos armados en Rafah este sábado. REUTERS/Hatem Khaled
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade