Publicador de contidos
Publicador de contidos

Harris e Biden ofrécenlle a Trump unha "transición de poderes pacífica"

Harris e Biden ofrécenlle a Trump unha "transición de poderes pacífica"

En senllas chamadas de felicitación ao gañador, os demócratas destacaron a importancia de que haxa un transición de poderes "pacífica" e de que exerza de presidente para todos 

Trump coincide con Harris e Biden na importancia de "unir o país"

G24.gal 06/11/2024 20:11 Última actualización 06/11/2024 21:38

A vicepresidenta estadounidense, Kamala Harris, chamou este mércores ao expresidente republicano Donald Trump para felicitalo pola súa vitoria nas eleccións.

A campaña demócrata informou de que nesa conversa, a candidata subliñou a importancia de que haxa unha transición "pacífica" de poderes e de que exerza como presidente "para todos os estadounidenses".

Tamén, o presidente saínte, Joe Biden, chamou por teléfono a Donald Trump, para felicitalo e tamén para ofrecerlle unha "transición tranquila".

Nun comunicado, a Casa Branca informou de que Biden mostrou o seu compromiso por "unha transición pacífica e salientou na importancia de traballar de forma conxunta para unir o país".

O presidente chamou antes á candidata demócrata, a vicepresidenta, Kamala Harris, para felicitarlle tamén por "unha campaña histórica" e a súa oficina sinalou que Biden dirixirase á nación o xoves para falar sobre as eleccións e a transición.

Reuters Reuters

Reacción de Trump

Donald Trump, segundo engadiu noutra mensaxe o equipo do republicano, "recoñeceu a fortaleza, profesionalidade e tenacidade" de Harris nesta campaña e os dous líderes "coincidiron na importancia de unir o país".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos