Publicador de contidos
Publicador de contidos

Héber volve a Galicia para xogar o amigable contra o Celta

Héber volve a Galicia para xogar o amigable contra o Celta

Un dos capitáns do Racing nas últimas temporadas enrolouse no proxecto do Vizela portugués

O partido xogarase o sábado ás 20:00 horas no campo da Lomba, en Vilagarcía

G24.gal 18/07/2024 22:03

O primeiro foco de interese do amigable entre o Celta e o Vizela está en comprobar as evolucións do club vigués. Despois de dúas semanas de pretemporada, o equipo de Claudio comeza a coller forma. Nas últimas horas concretouse que Pablo Durán, Carlos Domínguez, Damián e Hugo Álvarez terán ficha co primeiro equipo, a saída de Dotor ao Oviedo e a máis que probable chegada de Borja Iglesias cedido polo Betis. 

Pero do outro equipo tamén hai interese por ver dous vellos coñecidos da afección galega. Un está no banco, o coruñés Rubén de la Barrera. O outro, no campo. Héber Pena xogou as últimas temporadas no Racing, do que foi un dos capitáns no regreso á Segunda División. Héber non renovou o seu contrato e foi reclamado polo técnico para achegar a súa experiencia e dotes pola banda para devolver o Vizela á máxima categoría do fútbol luso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos