Iago Aspas faría 500 partidos co Celta ante o Atlético
Iago Aspas faría 500 partidos co Celta ante o Atlético
Está a 33 goles de Manolo Rodríguez, 'O Gran Capitán"
O ‘Príncipe das Bateas’ xa é, sen dúbida, o futbolista máis importante na historia do Celta
Quince anos despois de asinar un histórico dobrete ante o Deportivo Alavés para certificar a permanencia do Celta en Segunda División, Iago Aspas cumprirá este xoves ante o Atlético de Madrid o seu partido 500 coa camiseta celeste, un rexistro do que só pode presumir Manolo Rodríguez.
'O gran capitán' vestiu 533 veces a camiseta do Celta, o seu único club. Formou parte do equipo que se clasificou por primeira vez para xogar a Copa da UEFA ante o Aberdeen, e retirouse a principios da década dos 80, cando Aspas aínda non nacera.
O dianteiro de Moaña pulverizará, salvo sorpresa, o récord de Manolo porque na súa cabeza non está retirarse ao finalizar a presente tempada, cando finaliza o seu contrato. O seu gran momento de forma e a presenza de Claudio Giráldez no banco son os mellores avais para que Aspas alongue a súa etapa como futbolista profesional.
Co final aínda por escribirse, o ‘Príncipe das Bateas’ xa é, sen dúbida, o futbolista máis importante na historia do Celta, a pesar de que el aínda non cumpriu o seu soño de levantar un título coa camiseta celeste.
“Quero seguir batendo récords e lograr ese título que me falta co Celta”, dixo hai dous anos tras ampliar o seu contrato coa entidade viguesa ata xuño de 2025.
O capitán do Celta xa marcou máis goles (3) nas seis primeiras xornadas que en toda a primeira volta, con Rafa Benítez como adestrador, da pasada tempada.
Giráldez non confirmou se será titular este xoves.