Imanol Idiákez, o técnico elixido polo Deportivo para a vindeira temporada
Imanol Idiákez, o técnico elixido polo Deportivo para a vindeira temporada
A campaña pasada estivo no Leganés e con anterioridade foi axudante de Unai Émery no Vilarreal
Imanol Idiakez será o novo adestrador do Deportivo. O técnico vasco, de 51 anos, xa ten un principio de acordo para recalar na Coruña e poñerse aos mandos do equipo. O ano pasado adestrou o Leganés, en Segunda onde foi cesado na xornada 34. Con anteriodade exerceu como axudante de Unai Emery no Vilarreal que gañou a Europa League en 2021.
Antes adestrara o Zaragoza durante 10 partidos, na temporada 2018-2019 e ten unha ampla experiencia na Segunda B en equipos como a Real Sociedade B, o Real Unión, o Guijuelo, o Toledo ou o Lleida, co que estivo a piques de ascender a Segunda A. Tamén conta con experiencia internacional posto que foi o técnico co AEK Larnaca de Chipre.
Irmán maior de Iñigo Idiakez, o novo adestrador terá como obxectivo acadar o ansiado ascenso á Segunda División.