Investigado un concelleiro de Cangas por unha polémica cun vao
O socialista Eugenio González foi detido esta semana por un suposto delito de usurpación de estado civil e outro de tráfico de influencias
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250208/ENG241227024_00_03_00_47.jpg)
O socialista Eugenio González, concelleiro no goberno local de Cangas, está a ser investigado por unha polémica cun vao. Segundo confirmou a Garda Civil, foi detido esta semana por un suposto delito de usurpación de estado civil e outro de tráfico de influencias.
O edil quedou en liberdade, co compromiso de acudir ao xulgado cando se lle requira. Declarou como investigado por unha denuncia vinculada á solicitude de baixa dun vao para unha terceira persoa, supostamente asinada en 2023, cando estaba na oposición.
Agora está no Goberno local, formado por BNG, PSdeG e Esquerda Unida. O PP de Cangas, nun comunicado, pide explicacións públicas "inmediatas" e que renda contas ante a cidadanía.