Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a Anabel Pantoja e a súa parella por un posible delito de maltrato infantil

Investigan a Anabel Pantoja e a súa parella por un posible delito de maltrato infantil

Os médicos alertaron de posibles lesións provocadas na menor, o que levou á apertura de dilixencias xudiciais

Anabel Pantoja denuncia unha "situación inxusta" e di que "o único" que fixo foi "protexer" ao seu bebé; lamenta as filtracións e "barbaridades"

Anabel Pantoja por Sevilla/Europa Press Anabel Pantoja por Sevilla/Europa Press
G24.gal 30/01/2025 15:47 Última actualización 30/01/2025 16:23

Un xuzgado canario investiga as causas das lesións que presentaba a filla de Anabel Pantoja e David Rodríguez cando ingresou no Hospital Materno Interno das Palmas de Gran Canaria.

O Tribunal Superior de Xustiza de Canarias explicou nun comunicado que Anabel Pantoja e David Rodríguez compareceron ante o xuzgado como investigados pola situación da súa bebé, que estivo dúas semanas ingresada no hospital.

Según a nota do tribunal, os proxenitores prestaron declaración o pasado luns 27 de xaneiro ante a autoridade xudicial "en calidade de investigados e con asistencia letrada" pero "en ningún momento foron detidos".

No comunicado explica que as dilixencias investigan un posible delito de malos tratos, en vista do contido do informe que o hospital enviou o 17 de xaneiro ao xulgado de garda das Palmas, cuxas conclusións ratificou despois unha peritaxe médica forense. "A investigación ten como fin aclarar as causas e o mecanismo de produción de lesións apreciadas na bebé, en aras de protexer a esta e considerando unicamente o seu interese superior", engade. 

A investigación continúa o seu curso, aínda que o xulgado das Palmas non acordou ningunha medida cautelar, nin en referencia á situación persoal dos investigados nin acerca da tutela da bebé.

Pantoja lamenta as filtracións e "barbaridades"

A colaboradora de televisión e 'influencer' Anabel Pantoja denunciou que sofre unha "situación inxusta" tras a apertura de dilixencias previas por parte dun xulgado por presuntos malos tratos infantís ao seu bebé, á vez que asegurou que o único que quixo facer é "coidar e protexer" á súa filla.

Nunha mensaxe en Instagram, a colaboradora explicou que o pasado 9 de xaneiro o seu bebé sufriu "unha crise puntual" pola que foron "directamente" ao hospital. Tras saír do ingreso, regresaron a casa, aínda que afirmou que o hospital activou un "protocolo rutineiro" e os médicos pasaron o parte. "Comunícasenos e caenos o mundo ao chan, porque dicimos, como pode ser? Que pasou?", desvelou.

Despois, segundo a versión de Anabel Pantoja, foron ao xulgado para colaborar e contar "a única verdade", sen defenderse "absolutamente de nada". "O único que fixemos é amar, coidar, tentar salvar e protexer todo o que teña que ver con Alma", dixo, en referencia á súa filla.

Pantoja lamentou as filtracións e "barbaridades" que se publicaron en medios de comunicación, á vez que insistiu en que se lle está acusando a ela e á súa parella de actos que non cometeron. "Estamos a desexar seguir colaborando e que todo este pesadelo termine para estar na casa felices os tres e poder vivir a nosa vida", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade