Isidro Silveira dará nome ao estadio da Malata
Isidro Silveira dará nome ao estadio da Malata
O pleno deste próximo xoves abordará a aprobación do cambio de nomenclatura
O Goberno local levará ao pleno ordinario do mes de agosto, que se celebrará o vindeiro xoves, a proposta para bautizar o estadio da Malata como Isidro Silveira, o "eterno presidente" do Rácing Club Ferrol, falecido o 14 de decembro de 2016.
Unha iniciativa que, previsiblemente, sairá adiante con votos maioritarios. De feito, trátase dun proxecto que o pleno xa apoiara noutra ocasión e dunha demanda que xurdiu xa en 2010 desde o consello de administración do club, cando foi o propio Silveira o que declinou a idea.
Seis anos máis tarde, un grupo de afeccionados retomou o proxecto; con todo, nesa ocasión a familia preferiu paralizalo.
Será nesta ocasión cando A Malata quede rebautizada co nome do presidente que máis anos levou o temón do Rácing de Ferrol, un total de 21, desde 1995 ata o seu falecemento en 2016.