Publicador de contidos
Publicador de contidos

Iván Ares "Moi contento por ter xa no palmarés un título de asfalto e agora de terra"

Iván Ares "Moi contento por ter xa no palmarés un título de asfalto e agora de terra"

Coa vitoria no Rally Reino de León, o piloto galego dalle a Hyundai outro título máis, a Copa de España de terra

G24.gal 05/12/2021 09:43

O obxectivo da temporada era o Supercampionato de España mixto. Partía con desvantaxe ante os seus rivais nas probas de terra. Pero Iván Ares (e o seu copiloto David Vázquez) amosou unha gran  evolución ao longo do ano, o que lle permitiu chegar á última cita do certame con opción de alzarse campión da Copa. E non o desaproveitou.

"Se mo din a comezo de ano veríao complicado. Estamos moi contentos por ter no noso palmarés un nacional de asfalto e outro de terra, non moitos o poden dicir. E conseguilo levándonos a primeira vitoria absoluta é moi importante. Decidimos vir a semana pasada, o presuposto non daba para facela, pero gracias aos esforzos dos patrocinadores quixemos loitar polo título. E por Hyundai, que xa lles din asfalto e quería que fosen campións na terra. O esforzo da pretemporada non foi en balde"

 

Iván Ares pasou polo espazo adicado ao motor na Radio Galega, "Gas a Fondo", para valorar e analizar a cita desputada en terras leonesas, con treitos moi delicados polas condicións metereolóxicas.

"Había moita neve, no primeiro sobre todo. Só fixemos unha pasada de recoñecemento porque vimos tan mal e complicado que ata barallamos a posibilidade  de non saír. Era moi difícil, moi rápido e aínda por enriba longo, vinte kilómetros. Iamos inprovisando moito"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade