Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javier Pardo acaba de segundo no Rally de Ourense, por detrás de Suárez

Javier Pardo acaba de segundo no Rally de Ourense, por detrás de Suárez

O piloto ourensán adiantou a Alejandro Cachón e asinou un gran resultado diante dos seus seareiros

G24.gal 16/06/2024 09:59

Os mellores pilotos de España enfrontáronse na edición número 57 do Rally de Ourense, que se celebrou este fin de semana, nunha proba complicada e con tramos estreitos, que non lle puxo as cousas nada fáciles ós participantes. O gañador foi Cohete Súarez, que se amosaba moi contento ó remate non só pola súa vitoria, senón pola segunda posición do seu compañeiro de equipo o galego Javier Pardo.

Unha felicidade que non compartiu Alejandro Cachón que ocupou o terceiro posto do caixón, e que se amosaba moi decepcionado por no poder conservar o segundo lugar da primeira xornada do rally de Ourense e que prefiere xa pensar na seguinte carreira e na loita polo campionato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos