Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jenni Hermoso volve quedar fóra da lista de Montse Tomé

Jenni Hermoso volve quedar fóra da lista de Montse Tomé

A nova porteira Eunate Astralaga (S. D. Eibar) estréase nunha convocatoria coa selección absoluta, á que regresa a dianteira Esther González

Foto RFEF
G24.gal 28/03/2025 12:35 Última actualización 28/03/2025 14:11

A ausencia de Jenni Hermoso é a principal novidade na lista de convocadas da seleccionadora española, Montse Tomé, para os dous compromisos contra Portugal do grupo de clasificación para a liga das Nacións, que se disputarán os días 4 e 8 de abril.

O gran momento de forma da centrocampista do Tigres mexicano non lle bastou para volver ser citada pola adestradora do equipo nacional, que tampouco chamou á porteira do Real Madrid Misa Rodríguez, a pesar das súas boas actuacións co equipo branco.

A nova porteira Eunate Astralaga (S. D. Eibar) estréase nunha convocatoria coa selección absoluta, á que regresa a dianteira Esther González case once meses despois da súa última citación.

España xogará o 4 de abril en terras portuguesas e, catro días despois, será Portugal quen visite á Vermella en Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade