Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jessica Bouzas enfrontarase á ucraína Kalinina en Wimbledon

Jessica Bouzas enfrontarase á ucraína Kalinina en Wimbledon

A galega debutará en Wimbledon fronte á número 26 do mundo

Trátase da primeira galega nunha fase final dun Grand Slam dende fai 7 anos

G24.gal 30/06/2023 13:44

O sorteo en Wimbledon deparou que a vilagarciá Jessica Bouzas véxase as caras, no seu primeiro torneo profesional en herba, coa ucraína Kalinina na primeira rolda.

Despois de clasificarse onte a fase final do Grand Slam tras vencer a Gadecki (6-3, 6-3), a tenista de só 20 anos terá que verse as caras coa número 26 do mundo. A súa rival é unha tenista experimentada que este ano chegou á final do Masters 1000 de Roma.

Jessica Bouzas xa loitara por unha clasificación no Open de Australia, onde quedou ás portas. Agora, convertese na primeira galega en clasificarse para un gran torneo nos últimos 7 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos