Josué Dorrio, un lóstrego para a banda da Malata
Josué Dorrio, un lóstrego para a banda da Malata
O extremo vasco mostrouse encantado coa súa fichaxe e quere seguir o seu camiño no fútbol profesional
Gabou a fichaxe de Eneko Jauregi, co que compartiu vestiario e dianteira no Amorebieta
A Malata coñeceu o xogador que correrá pola súa banda a tempada que vén. E Josué Dorrio pisou por primeira vez como xogador do Rácing de Ferrol a que será a súa casa. O vasco amosouse moi contento de comezar unha nova etapa e de seguir o seu camiño no fútbol profesional, nun equipo que admite que o sorprendeu o pasado curso.
Tamén está ledo coa nova que coñeceu. Seguirá compartindo dianteira con Eneko Jauregui, un xogador co que se entende moi ben e ao que considera un amigo. De Amorebieta a Ferrol, xuntos da man, un ao lado do outro.
Coa toma de contacto co equipo xa feita, Dorrio amosouse encantado coa súa acollida e coa calidade humana dos seus compañeiros, que lle fixeron, como indica el, máis fácil a súa chegada. Xa á espera de debutar nos amigables e probarse no campo, Dorrio posou sorrinte coa bufanda do seu novo equipo. A banda da Malata xa ten o seu lóstrego.