Publicador de contidos
Publicador de contidos

Karlotta deixa en Viveiro o maior refacho de vento desde que Meteogalicia ten rexistros

Karlotta deixa en Viveiro o maior refacho de vento desde que Meteogalicia ten rexistros

G24.gal 09/02/2024 14:38

O vento da borrasca Karlotta complicou moito camiñar polas rúas de Viveiro. Moitos tiñan que agarrarse ben para cruzar a ponte da Misericordia.

E con este panorama, outros moitos non se atreveron nin a saír da casa.

A estación de Penedo do Galo rexistrou o refacho máis forte de Galicia e o máis alto dende que Meteogalicia ten rexistros.

Moitos manifestaban non lembrar ventos semellantes e outros facían comparativas.

"Eu traballei en montaxes eléctricas cando fora o temporal Hortensia e isto parecíase moito. Os refachos de vento foron tremendos".

Un vento que na Mariña deixou numerosas incidencias, como tellas e árbores caídas e moitos veciños quedaron sen subministración eléctrica.

A rotura dos cables provocou tamén tres incendios, o máis grave en Trabada, onde arderon máis de 190 hectáreas de monte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade