Publicador de contidos
Publicador de contidos

Labazadas na bancada logo da eliminación de Uruguai a mans de Colombia

Labazadas na bancada logo da eliminación de Uruguai a mans de Colombia

Darwin Núñez e Rónald Araújo acabaron na zona dos seareiros golpeándose con afeccionados colombianos

O gol de Lerma mete a Colombia na final contra Arxentina

G24.gal 11/07/2024 08:16

Lamentable o acontecido unha vez rematou o partido entre Uruguai e Colombia, no que os colombianos selaron o pase á final da Copa América. Darwin Núñez ou Rónald Araújo, xogadores uruguaios, acabaron na bancada a labazadas con seguidores do equipo rival. 

Os incidentes ensombreceron a clasificación de Colombia para a final. O solitario gol de Jefferson Lerma chegoulles para facer historia e agora buscarán diante da Arxentina de Messi o seu segundo título continental. 

Os cafeteiros tiveron que aguantar todo o segundo tempo en inferioridade logo da expulsión do lateral dereito Daniel Muñoz, que viu o segundo cartón amarelo por bater co cóbado no peito a Ugarte. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos