Publicador de contidos
Publicador de contidos

Laporta nega calquera actuación para obter vantaxes deportivas

Laporta nega calquera actuación para obter vantaxes deportivas

Tamén criticou duramente ao Real Madrid: "O Madrid é o máis beneficiado polos árbitros, históricamente e na actualidade"

Foto FC Barcelona
G24.gal 17/04/2023 12:12 Última actualización 17/04/2023 12:23

Joan Laporta, presidente do F. C. Barcelona, asegurou hoxe que a entidade azulgrá "nunca realizou ningunha actuación que tivese como finalidade ou intención alterar a competición para obter unha vantaxe deportiva".

"O Barça non fixo a máis mínima acción para alterar la competición coa fin de ter unha vantaxe deportiva".

Así se referiu o dirixente durante unha multitudinaria comparecencia ante os medios para abordar o denominado caso Negreira, sobre os pagos realizados polo club durante dezasete anos ao entón vicepresidente do Comité Técnico de Árbitros (CTA).

"O escrito da Fiscalía tampouco puido demostrar que os pagos puidesen influír na elección dos árbitros ou nalgún resultado deportivo. Non o puideron demostrar porque non era posible", insistiu.

Laporta comentou que a estratexia do club é "defender a súa honorabilidade" e solicitar que se investigue ata final, porque considera que neste caso "o Barcelona sería vítima desta situación" e explicou que "outra cousa sería que persoas físicas aproveitasen este contexto para beneficiarse". 

Tamén criticou duramente ao Real Madrid:

"O Madrid é o máis beneficiado polos árbitros, historicamente e na actualidade".

"Un club considerado o equipo do réxime pola súa proximidade ao poder político, económico e deportivo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade