Lucas Pérez atrae toda a atención no Deportivo-Unionistas
Lucas Pérez atrae toda a atención no Deportivo-Unionistas
O coruñés volve debutar co equipo, no partido que poderán ver na G2 e en G24
Óscar Cano non se fía do Unionistas
Lucas Pérez acapara o protagonismo antes do partido que o Deportivo disputará en Riazor ante o Unionistas. Logo do baño de masas da súa presentación, agárdase un ambiente excepcional para ver a súa estrea ante o equipo salmantino. O dianteiro de Monelos ten que ser diferencial na Primeira Federación.
Para Óscar Cano: "É un agasallo. É un xogador que non é que sexa doutra categoría, é que é dúas categorías superior, como estaba amosando. Así que ten que ser un futbolista importante na segunda volta. Para nada se notou que veña a un ritmo inferior".
Antes da parada o Deportivo logrou dous triunfos consecutivos, ante o Racing en Riazor e en Ceuta, e inicia esta xornada a catro puntos do liderado. Óscar Cano non se fía dun Unionistas que está un punto por riba do descenso. "Agardamos un partido moi difícil, temos que ter os cinco sentidos postos porque non hai rival pequeno".
O partido poderán velo na nosa segunda canle e en G24.gal.