Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lugo instala barreiras para que a vertedura no Miño non chegue á auga da traída

Lugo instala barreiras para que a vertedura no Miño non chegue á auga da traída

Tamén se mide continuamente a calidade da auga

G24.gal 06/07/2022 18:47

O Concello de Lugo instala unha barreira de contención ao pé da captación de auga da traída municipal para evitar unha vertedura de orixe descoñecida detectada en augas do río Miño á altura do municipio veciño de Outeiro de Rei.

A medida ten carácter puramente preventivo. Con ela preténdese atallar a posibilidade de que a mancha de combustible siga estendéndose e chegue a afectar a traída pública da capital”.

A pesar de que se descarta calquera “risco para a saúde da poboación de Lugo”, a área de Medio Ambiente lembra que os depósitos municipais de auga teñen unha capacidade de almacenaxe para dar servizo aos veciños da cidade durante un “mínimo de dous días”.

Tamén lembra que o Concello realiza continuamente analíticas, con medidores específicos para garantir a calidade e a potabilidade da auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos