Luisito: "Se o Arousa está atinado arriba, o Granada vai sufrir"

O técnico de Teo analiza a eliminatoria copeira a escasas horas de recibir un equipo de Primeira División

G24.gal 02/11/2023 13:34

Este xoves volve un equipo de Primeira División a Vilagarcía. Desde hai trinta e catro anos non se producía esta posibilidade para a familia arousista. A última vez fora un Arousa-Real Sociedade con Arconada no campo. A Lomba acolle a visita do Granada.

Haberá cheo absoluto nas bancadas. O céspede mimouse para presentar unha excelente imaxe, de feito o equipo non xogou alí esta pasada fin de semana. Luisito atendeu á Televisión de Galicia e recoñece a gran superioridade do equipo de Primeira División pero lanza un aviso: "Se o Arousa está atinado arriba, eles van sufrir"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar