O Mallorca creba os prognósticos e métese na final da Copa
O Mallorca creba os prognósticos e métese na final da Copa
O galego Brais Méndez fallou un penalti no primeiro tempo
O partido e a prórroga acabaron con empate (1-1) e decidiuse a eliminatoria na quenda de penaltis
O Mallorca, contra todo prognóstico, gañou en Donostia o partido de volta das semifinais da Copa do Rei e xogará a cuarta final da súa historia.
A Real Sociedade partía como favorita, xogando na casa e co empate sen goles da ida. No primeiro tempo levou o peso do partido, pero custoulle moito xerar perigo. Aínda así gozou dunha inmellorable ocasión para adiantarse, pero o de Mos Brais Méndez non acertou desde o punto de penalti.
🧤¡HA PARADO GREIF!
— Teledeporte (@teledeporte) February 27, 2024
😅Evita el Mallorca el primer tanto rival. Sigue 0 - 0 el marcador
⏸️Y jugadores a vestuarios #LaCopaRTVE https://t.co/80DuyyUmO9 pic.twitter.com/GSJl5guVwo
Ao pouco de comezar o segundo tempo chegou o gol de Gio que lle daba vantaxe ao Mallorca.
⚽️🎯¡GOOOOOL! Con suspense... pero el tanto de Gio González sube al marcador
— Teledeporte (@teledeporte) February 27, 2024
☝️Se adelanta el @RCD_Mallorca en la semifinal de la #CopaDelRey#LaCopaRTVE https://t.co/80DuyyUmO9 pic.twitter.com/h2WSBEzQwW
A saída de Oyarzábal resultou determinante. O dianteiro internacional aproveitou no 71 un pase de Brais Méndez para marcar o gol do empate.
💥¡Empata Mikel... OYARZABAL!
— Teledeporte (@teledeporte) February 27, 2024
Está la semifinal de la #CopaDelRey como para perderse un segundo#LaCopaRTVE https://t.co/80DuyyUmO9 pic.twitter.com/r01LI91k07
O partido foi á prórroga; nela, a Real gozou de dúas ocasións moi claras para resolver a eliminatoria, pero o Mallorca tivo a dose de sorte necesaria para aguantar e chegar aos penaltis. O porteiro Greif acertou a deter o penalti de Oyarzábal e xa non habería máis erros nos lanzamentos (4-5), así que os de Aguirre buscarán o segundo título da súa historia vinte anos despois do conseguido contra o Recreativo.