Máis da metade dos tratamentos estéticos realízanos profesionais non cualificados
Só os médicos poden exercer a medicina estética
En España o 205 das intervencións realízanse en centros de estética, salóns de peiteados e mesmo en domicilios privados
Os retoques estéticos están de moda e as redes sociais son as que máis alimentan este culto ao corpo, sobre todo entre a mocidade.
"Cada vez está máis nas mentes facer retoques estéticos", comenta unha rapaza nova
"E nos asusta moitísimo, o certo é que si, ten que haber unha regulamentación porque non vale, ademais é que o paciente faille máis caso ao influencer que ao médico", apunta Ana López Dosío, presidenta da Asociación Galega de Medicina Estética
En medicina estética non todo vale. É importante saber a que mans nos encomendamos
"Eu creo que é o máis importante mirar o sitio e informarte ben de quen te vai operar", continúa a moza
E este distintivo, o U.48 que outorga sanidade é a maior garantía
"O paciente e a poboación en xeral teñen que saber que o centro ao que vas, se non ten a U.48 posiblemente os produtos que estea mercando non sexan legais", explica a doutora
O 65% dos procedementos estéticos que se fan en España realízanse por profesionais non cualificados e nos lugares máis insospeitados
"Pinchan en canto entras pola porta. Queres beizos, eu pínchote .... sen un estudo sen un diagnóstico, fan que a medicina estética estea como un pouco frivolizada e banalizada, e no é certo porque xogamos coas caras das persoas", alerta Ana López
Este intrusismo ten consecuencias.
"O que estamos vendo é que aparecen moitos efectos indesexables, edemas e demais, demasiados para o que cunha boa praxis non debería aparecer tanto. Entón despois de que che pase algo, claro, temos que ser nós os que arranaxemos as desfeitas", conclué a presidenta de ASMEGA