Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 2.000 sanitarios da área A Coruña-Cee esixen un protocolo de seguridade específico ante as agresións

Máis de 2.000 sanitarios da área A Coruña-Cee esixen un protocolo de seguridade específico ante as agresións

A Inspección de Traballo considera insuficiente o protocolo actual do CHUAC

O conselleiro Antonio Gómez Caamaño destaca as medidas adoptadas e di que os resultados se verán co tempo

 

G24.gal 11/04/2025 15:40

Máis de 2.200 profesionais sanitarios da área A Coruña-Cee acaban de presentar un escrito dirixido á Xunta de Galicia no que reclaman a creación dun protocolo de seguridade específico e eficaz para previr agresións ao persoal nos centros sanitarios.

A recollida de sinaturas prodúcese dous meses despois da agresión "máis grave" rexistrada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), cando un paciente atacou unha auxiliar de enfermería na área de urxencias.

A presidenta da Xunta de Persoal, Lucía Peón (CIG), solicitou o cesamento do xerente do CHUAC pola súa inacción ante esta problemática. Peón asegura que "segue sen ofrecer solucións" e subliña que mesmo a Inspección de Traballo cualificou o protocolo actual como "xeral", polo que non resulta válido para a realidade asistencial.

Pola súa banda, Maite Macías, delegada da CSIF e membro da Xunta de Persoal, sinalou que esta acción colectiva pretende lanzar unha mensaxe clara: "É urxente actuar para evitar novas agresións e garantir contornas laborais seguros, tanto para o persoal como para os pacientes".

O conselleiro Antonio Gómez Caamaño destaca as medidas adoptadas e admite que é necesario mellorar a comunicación sobre listas de espera

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asegurou que a Consellería está a revisar os protocolos vixentes co obxectivo de mellorar a protección dos profesionais sanitarios fronte ás agresións. Así o manifestou tras reunirse coa Valedora do Pobo, Dolores Fernández Galiño.

 

Gómez Caamaño defendeu que a Xunta realizou "o máximo esforzo" nesta materia, a través de actuacións como a modificación da Lei de Saúde, programas de educación sanitaria e encontros con distintos axentes implicados, como a Fiscalía e equipos técnicos.

Afirmou que "os resultados se verán co tempo" e sinalou que os protocolos que se están a revisar inclúen tanto actuacións específicas por área como directrices de carácter máis xeral, aínda que non precisou unha data para a súa publicación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos