Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manquillo estará "entre dez e quince días" de baixa por unha rotura fibrilar

Manquillo estará "entre dez e quince días" de baixa por unha rotura fibrilar

A súa baixa únese á do central Carlos Domínguez e o lateral esquerdo Mihailo Ristic

G24.gal 13/09/2024 15:34 Última actualización 13/09/2024 15:48

O defensa Javier Manquillo perderá o partido deste domingo contra o Real Valladolid despois de sufrir unha rotura fibrilar no adutor medio dereito, segundo revelou a ecografía que lle realizaron os servizos médicos do Celta.

O futbolista madrileño estará de baixa “entre dez e quince días”, polo que tampouco estará ao dispor de Claudio Giráldez para os partidos contra Athletic Club (domingo 22) e Atlético de Madrid (xoves 26).

A súa baixa é un serio contratempo para o técnico celeste, xa que se une á do central Carlos Domínguez e o lateral esquerdo Mihailo Ristic. O primeiro sofre unha rotura fibrilar de grao I no adutor da coxa dereita, mentres que o internacional serbio arrastra unha lesión no xemelgo interno dereito desde a primeira xornada de Liga.

O equipo afinou esta mañá a puntería antes do partido ante o Valladolid

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade