Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manu Mosquera: "Olabe non é Juergen, pero vaino suplir perfectamente. É un gañador nato"

Manu Mosquera: "Olabe non é Juergen, pero vaino suplir perfectamente. É un gañador nato"

G24.gal 08/07/2022 15:30

Por Zona mixta pasou Manu Mosquera, para analizar a fichaxe de Roberto Olabe polo Deportivo. O xogador estivo ás súas ordes no Estremadura

Xa coñece o que é marcar en Riazor

Manu Mosquera lembrounos que o ano en que o Deportivo xogou a promoción de ascenso, Olabe marcou no 1-2 de Riazor

No seu mellor momento

Para Mosquera o xogador non entrou nunca en declive a pesar que no Éibar e no Albacete non foi comprendido

"É un gañador nato, intenso no campo, loitador con chegada e un xogador dos que gustan en Riazor por forza, por calidade e polo seu espírito para un club que sempre quere estar arriba"

"As comparacións co colombiano son inevitables, pero Roberto non é Juergen, iso si, vaino suplir perfectamente. Elitim é máis de último pase, pero Olabe ten moita calidade e quizáis chega no seu momento ideal deportivamente falando"

Ángel Bastos

"É un gran xogador, calado, gran profesional. A min encántame, non sabía que fichara polo Pontevedra, pero creo que levan un xogadorazo"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos