Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manu Vallejo: "Veño buscando a confianza e a regularidade, iso é o que me falta"

Manu Vallejo: "Veño buscando a confianza e a regularidade, iso é o que me falta"

Chega procedente do Xirona, aínda que a pasada tempada xogou cedido no Zaragoza

G24.gal 26/08/2024 13:52 Última actualización 26/08/2024 13:56

Manu Vallejo, que xa xogou algúns minutos ante o Granada, foi presentado como xogador do Rácing de Ferrol.

"Veño buscando a confianza e a regularidade, iso é o que me falta. Este é un bo sitio para recuperala".

"Vexo que imos competir todos os partidos e gañar moitos partidos".

O futbolista, que ocupa a demarcación de mediapunta, chega procedente do Xirona, aínda que a pasada tempada xogou cedido no Zaragoza. Formado nas categorías de base do Cádiz C. F., co que debutou na segunda División na campaña 2017/18.

Desde alí deu o salto á máxima categoría da man do Valencia CF no exercicio 2019/20. Despois de tres tempadas e unha breve cesión no Alavés, recalou no Xirona F. C., Real Oviedo e Real Zaragoza foron os seus últimos destinos en préstamo.

Vallejo acumula unha dilatada traxectoria no fútbol profesional, no que acumula 147 partidos (68 deles en Primeira). Na última tempada, no equipo maño, xogou 29 partidos cun total de 914 minutos, nos que anotou dous goles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar