Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marco Rubio di que Hamas debe ser "eliminado" tras entrevistarse con Netanyahu

Marco Rubio di que Hamas debe ser "eliminado" tras entrevistarse con Netanyahu

Rubio viaxou a Israel e decontado vaise entrevistar en Arabia Saudita con representantes rusos para analizar a paz en Ucraína

En paralelo, Macron convoca en París os líderes europeos este luns co obxectivo de buscar solucións ao conflito ucraíno

 

G24.gal 16/02/2025 14:23

O secretario de Estado dos Estados Unidos, Marco Rubio, iniciou este domingo unha xira por Oriente Próximo e escolleu como simbólica primeira parada Israel para entrevistarse con Benjamin Netanyahu. Como pano de fondo está o rexeitamento dos líderes árabes á proposta de Donald Trump de trasladar a poboación palestina de Gaza.

Marco Rubio manifestou literalmente que Hamas debe ser eliminada e erradicada porque con eles a paz é imposible. Ademais, sinalou que Irán é a principal forza de desestabilización na rexión. Rubio apoia as posibles represalias de Israel contra Hamas por non liberar esta fin de semana todos os reféns israelís como reclamaba Trump baixo a ameaza de desatar o inferno.

Marco Rubio dirixirase deseguido a Arabia Saudita e alí vaise reunir con altos representantes de Rusia para tratar a paz en Ucraína.
Precisamente, o presidente francés, Emmanuel Macron, adquire hoxe protagonismo, coincidindo co remate da conferencia de seguridade de Múnic. Macron convoca os líderes europeos para tratar este luns en París posibles solucións para o conflito ucraíno.

O obxectivo é que Trump non se precipite nas negociacións con Rusia e que a Unión Europea teña un protagonismo nas conversas de paz, que o mandatario norteamericano parece obviar. En medios estadounidenses sinálase este domingo que Trump condicionou calquera axuda militar a Ucraína á obtención dos 50 % dos minerais das terras raras deste país. Segundo o Finacial Times, Zelenski rexeitou esa oferta esta mesma fin de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade