Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda pide un "papel protagonista" para as comunidades autónomas na xestión dos fondos europeos

Rueda pide un "papel protagonista" para as comunidades autónomas na xestión dos fondos europeos

O presidente da Xunta defende en Bruxelas que o desenvolvemento industrial, enerxético e pesqueiro "é compatible" coa protección do medio ambiente

O presidente da Xunta Alfonso Rueda, no Comité Europeo das Rexións
G24.gal 20/02/2025 19:04 Última actualización 20/02/2025 20:23

O presidente da Xunta Alfonso Rueda reclama en Bruxelas un "papel protagonista" para as comunidades autónomas na xestión dos fondos europeos. Tras ser elixido este xoves vicepresidente do Comité das Rexións, o xefe do Goberno galego defendeu no Parlamento Europeo a postura de España sobre os fondos de cohesión.

Alfonso Rueda entregoulle ao vicepresidente para a Cohesión e Reformas da Comisión Europea, Raffaele Fitto, un documento coa demanda común de todas as comunidades autónomas para que os fondos de cohesión se sigan xestionando de forma descentralizada e non como se fixo cos fondos de recuperación. Argumentan que é a maneira "máis eficaz de garantir que as prioridades dos cidadáns teñan o seu reflexo na política comunitaria".

O presidente da Xunta aproveitou a viaxe a Bruxelas para trasladarlle á vicepresidenta para a Transición Limpa, Xusta e Competitiva da Comisión, Teresa Ribera, a preocupación sobre a paralización dos parques eólicos, pendente dun pronunciamento da xustiza europea. Rueda defendeu que Galicia debe estar conectada ás grandes redes enerxéticas e de transporte de Europa e aseguroulle que todos os proxectos industriais cumprirán a normativa medioambiental.

"Transmitir esa visión de Galicia como lugar estratéxico e como unha administración que tramita con absoluta rigorosidade todos os procedementos ambientais, sobre todo dos proxectos que despois chegan a Europa para pedir axudas", dixo.

O xefe do Goberno galego tamén mantivo un encontro co comisario de Pesca e Océanos, Costas Kadis, ao que lle trasladou a petición de que non se eliminen as bonificacións ao diésel dos barcos e co que falou do impacto que poden ter os acordos de libre comercio con Tailandia, especialmente para o atún. "É imprescindible esixir as mesmas regras de xogo para todos", remarcou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade