María Jesús Montero oficializa a súa candidatura para dirixir o PSOE andaluz
María Jesús Montero oficializa a súa candidatura para dirixir o PSOE andaluz
É a quinta ministra do Goberno que presenta a súa candidatura á secretaría xeral do PSOE nunha autonomía
Vicepresidenta primeira do Goberno, ministra de Facenda e agora tamén candidata á secretaría xeral do PSOE de Andalucía.
María Jesús Montero toma a remuda de Juan Espadas e convértese na gran baza de Ferraz para reconquistar o Goberno autonómico.
"Veño gañar e imos gañar as eleccións", dixo durante a presentación da candidatura en Sevilla, rodeada de militantes.
"Quero un PSOE forte, unido, cohesionado, con proxecto, con ideas e onte todo o mundo é imprescindible", asegurou.
Montero é a quinta ministra do Goberno que opta a dirixir o PSOE nunha autonomía, xunto a Pilar Alegría, en Aragón, Diana Morant en Valencia, Ángel Víctor Torres, en Canarias e Óscar López en Madrid. O PSOE di que é unha aposta por recuperar territorios, pero nega imposicións por parte de Ferraz.
Óscar López asegura: "O que crea iso é que non coñece o partido. No PSOE sempre houbo primarias".
De momento, non parecen necesarias esas primarias en Castela e León, onde presentou a súa candidatura Carlos Martínez, o alcalde de Soria.
"Non son o candidato de Ferraz nin de ninguén. Eu son socialista", di.
No caso de Castela-A Mancha, Asturias ou Valencia está xa confirmado que non haberá primarias ao presentarse unicamente o candidato oficial.